viernes, 22 de julio de 2011

España: do "Estado do Ladrillo" ao "Estado de Malestar"

Dentro do Ciclo de conferencias: ”Dereito á vivenda”, onte tivemos como contertulios a Miguel Reimúndez e Toni García.

Fixeron unha ampla exposición de como funcionou, e de como está a funcionar actualmente a construción e o acceso á vivenda social en diversos paises da UE.


Coincidiron nas súas formulacións co exposto anteriormente por outros conferenciantes, ao sinalar, que en España construíuse máis vivenda que en Alemaña despois de quedar destruída tras a II Guerra Mundial.

Fomos o maná de investimentos estranxeiros para a construción descontrolada e sen sentido.Véxase a zona do Mediterráneo, ou como queda patente no caso de Galicia, nas construcións descontroladas na Mariña lucense, Rías Baixas, Costa da Morte, e outras zonas privilexiadas das nosas costas

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cada vez se ven menos indignados da acampada Ferrol